III Beca ensaia para impulsar tu idea o trayectoria profesional (Galicia, España)

0

6000 € para impulsar tu idea o trayectoria profesional. Buscamos influir positivamente en tu trayectoria por lo que, independientemente de tu profesión, lanzamos esta beca económica creada por donaciones desinteresadas de las personas que componen la comunidad ensaia. Franja de edad de 21 a 35 años.

CONTACTO Y MAS INFORMACION
Organización: ensaia
Cerró el 20 de noviembre del 2023

Beca Ensaia: 6000 € para impulsar tu idea o trayectoria profesional. Buscamos influir positivamente en tu trayectoria por lo que, independientemente de tu profesión, lanzamos esta beca económica creada por donaciones desinteresadas de las personas que componen la comunidad ensaia. Franja de edad de 21 a 35 años. Bases: https://www.ensaia.com/bolsaensaia

Chegas a unha bolsa diferente porque busca apoiar ao maior número de persoas a desenvolver o seu camiño, futuro, idea ou traxectoria. Somos unha comunidade que naceu co soño de, doando cartos, outorgar, cada ano, unha bolsa a unha persoa que impacte en Galicia; así como apoiar á maior cantidade de traxectorias co saber da comunidade.

Se tes unha idea, e unha idade entre 21 e 35 anos, segue lendo.
Estamos aquí para sumar, por iso fixemos un proceso sinxelo que anime ás persoas, independentemente da súa actividade, a presentarse. Ler as bases é fundamental, aínda que resumindo hai catro puntos importantes:

6.000€ | Outorgamos unha bolsa económica para investir no teu futuro.

Posibilidades | Ademais dunha bolsa económica, buscaremos impactar ao maior número de proxectos con contactos, formacións e coñecementos. É dicir, o simple feito de presentarse, pode ter premio.

Idade | Deberás ter entre 21 e 35 anos no momento da concesión.

Traxectoria | É unha bolsa destinada a apoiar traxectorias.

Consulta ben as bases. Contas cunha serie de dúbidas frecuentes na nosa páxina web e, de non aparecer aí, poderás contactar connosco na dirección: administracion@ensaia.com

Se dubidas se presentarte, temos un consello: faino.
Queremos apoiarte; por iso animámoste a consultar as bases e participar.

Mediante esta convocatoria queremos conceder á persoa seleccionada unha bolsa para o desenvolvemento da súa traxectoria profesional que busque potenciar un camiño que impacte dalgún modo en Galicia a nivel cultural, económico, artístico ou social.

Esta bolsa é froito da doazón desinteresada de máis de cento vinte persoas e queremos estar seguros de que os cartos van á persoa idónea. Por iso, ensaia resérvase o dereito de deixala extinta.

Sabemos o esforzo e a ilusión que supón participar neste tipo de convocatorias e por iso tentaremos que, mesmo se non es a persoa finalmente seleccionada, saias deste proceso cunha experiencia que che aporte valor (aínda que non sexa económico, ás veces algúns consellos ou contactos poder resultar moito máis valiosos).

 

Comments are closed.