Convocatoria al Concurso de Pintura Ernesto Goday 2024

0

El Ayuntamiento de O Grove (Pontevedra), a través de su Concejalía de Cultura, convoca el Concurso de Pintura Ernesto Goday en memoria del pintor local Ernesto Goday Caamaño.

CONTACTO Y MAS INFORMACION
Organización: Ayuntamiento de O Grove
Cierra el 30 de septiembre del 2024

BASES XII CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY

O Concello do Grove (Pontevedra), a través da Concellería de Cultura, convoca este concurso en memoria do insigne pintor local don Ernesto Goday Caamaño, que se rexerá polas seguintes bases:

PRIMEIRA. Poderá participar calquera persoa física maior de idade, excepto as persoas gañadoras das tres últimas edicións (IX a XI), que presente unha obra súa, orixinal e inédita. Cada autora ou autor só poderá presentar unha obra.

SEGUNDA. As obras participantes deberán ter unhas dimensións mínimas de 60 x 50 cm e máximas de 150 x 150 cm.

TERCEIRA. A técnica e o estilo son libres e o tema abarcará todo o relacionado coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes.

CUARTA. O prazo de inscrición estará aberto dende o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no BOPPO da provincia de Pontevedra ata o 30 de setembro de 2024, incluído.

QUINTA. O proceso de selección constará de dúas fases: unha de preselección e outra de selección propiamente dita.

Para a preselección, as ou os artistas participantes neste concurso deberán entregar unha fotografía da obra en formato dixital (CD, DVD, correo electrónico…). As imaxes deberán ter unha calidade suficiente que permita a súa correcta visualización por parte dos membros do xurado. O envío por correo electrónico non deberá superar os 3 Mb de peso.

A fotografía deberá ir acompañada do Anexo I (folla de inscrición).

As fotos en soporte dixital poderanse enviar ao enderezo de correo electrónico casadacultura@concellodogrove.es ou ao enderezo postal:

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

Monte da Vila, 11

36980 O Grove

Pontevedra

Para a fase de selección, despois de que a organización contacte coa autora ou autor seleccionado, deberán enviarse as obras en soporte físico ao anterior enderezo postal. No exterior do paquete deberá figurar o lema: “XII Concurso de Pintura Ernesto Goday”.

SEXTA. No mes de outubro de 2024 reunirase un xurado independente, composto por profesionais do mundo da arte, para a preselección das obras segundo as imaxes recibidas.

As obras preseleccionadas pasarán a formar parte dunha exposición e do Catálogo 2024, que se editará co gallo do concurso.

A organización porase en contacto coas persoas preseleccionadas para organizar o envío dos cadros, que deberán estar enmarcados ou cun simple listón.

SÉTIMA. A finais do ano 2024 decidirase a obra gañadora e comunicarase o nome da persoa premiada. Tamén se lle entregará o premio, coincidindo coa inauguración da exposición. A

Concello do Grove

Praza do Corgo, 1, O Grove. 36980 (Pontevedra). Tfno. 986 730 975. Fax: 986 731 358

Concello do Grove

organización publicará e comunicaralles con suficiente antelación as datas ás persoas interesadas.

OITAVA. O premio para a gañadora ou gañador do concurso é de 3.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 334.48100 do orzamento de gastos do exercicio 2024, e está financiado pola Liña 2 do “Plan Máis Provincia” 2024 da Deputación Provincial de Pontevedra. A contía está suxeita á correspondente retención fiscal.

O beneficiario/a deberá acreditar que se atopa ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non é debedor por resolución de procedencia de reintegro ou ben a autorización do interesado ao concello para obter as certificacións da AEAT e da Tesourería Xeral da Seguridade Social nas que se acrediten que se atope ao corrente da obrigas sinaladas.

As autoras ou autores que teñan a súa obra seleccionada para o Catálogo 2024 serán obsequiados cun exemplar deste.

O xurado, se así o considera, poderá outorgar algún accésit.

NOVENA. A obra gañadora pasará a ser propiedade do Concello do Grove, así como os seus dereitos de reprodución e explotación. As autoras ou autores das obras que fosen preseleccionadas para a edición do Catálogo 2024 ceden os dereitos de uso e reprodución fotográfica e comprométense a prestar, se así se lles solicita, a súa obra para a exposición citada na base sexta.

DÉCIMA. A organización porá o máximo celo no coidado e tratamento das obras, pero non se responsabiliza da deterioración, roubo ou perda que poidan sufrir por causas alleas a ela ou de forza maior. Os seguros que se quixesen facer efectuaranse por conta de cada participante.

UNDÉCIMA. A organización resérvase o dereito de modificar estas bases en beneficio do bo funcionamento deste concurso.

DUODÉCIMA. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases e a decisión do xurado, que será inapelable.

Concello do Grove

Praza do Corgo, 1, O Grove. 36980 (Pontevedra). Tfno. 986 730 975. Fax: 986 731 358


¡Mirá acá nuestra lista con las últimas convocatorias publicadas para la CATEGORÍA ARTES PLÁSTICAS!

O podés ir a la página principal de nuestra SECCIÓN DE CONVOCATORIAS. 🙂

Comments are closed.